Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº83]

Logo FEGDACE

Luns, 27/05/2019

Preséntase 'Cousas que debes saber sobre o DCA cando o teu familiar está no hospital'

Os contidos da guía, elaborada por FEGADACE, expuxéronse o 14 de maio nun acto organizado coa Xerencia de Xestión Integrada do CHUS. Os principais obxectivos do documento son paliar a desorientación e angustia que se produce nos primeiros momentos da chegada do dano cerebral (a denominada Fase Aguda) e informar ás persoas e familias dos seus dereitos e dos recursos de apoio, atención e rehabilitación que existen no seu contorno. Pódese descargar aquí.

Presentación da guía sobre o dano cerebral no CHUS

Máis noticias:

Asistimos ao obradoiro de boas prácticas organizado pola Federación estatal

O resultado será a publicación dun novo Caderno FEDACE e dun tríptico a modo de resumo.

Publicadas as edicións en catalán e en castelán da novela 'Iridium'

O libro, do escritor Francisco Castro, está protagonizado por unha moza que ten dano cerebral adquirido.

Os dez principais datos da memoria de actividades de FEGADACE 2018

O documento pode descargarse no apartado de transparencia e rendición de contas da web.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas informativas sobre o DCA

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa mañá no Entrimo e Lobios. Máis en xuño!

Fase aguda: os primeiros momentos

O termo "fase aguda" define os primeiros momentos da chegada do dano cerebral, que se describen nesta sección da web.

Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral Ilustración sobre como chega o ictus ao cerebro

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=289