Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº84]

Logo FEGDACE

Luns, 10/06/2019

Alento e FEGADACE presentamos este xoves a exposición 'Punto e Seguido' en Vigo

Este xoves ás 12:00 Alento e FEGADACE presentamos a mostra 'Punto e Seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' en Vigo. A colección de fotografías xa se pode visitar desde o día 3 de xuño e estará na galería Apo'strophe.arte (Centro Comercial Plaza Elíptica) ata o 3 de xullo. Haberá diferentes intervencións que achegarán un maior contexto sobre o que implica, hoxe en día, ter dano cerebral adquirido. Especialmente importante é a descrición en primeira persoa que vai achegar María Jesús Lage, usuaria de Alento. Tamén vai intervir o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.

Convite a asistir á presentación de Punto e seguido en Vigo

Máis noticias:

Bótasnos unha man cubrindo unha breve enquisa sobre como comunicamos?

Estamos elaborando un novo Plan de Comunicación e queremos revisar a nosa maneira de falar convosco.

Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras

Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.

77 profesionais de FEGADACE fórmanse en ética e comunicación

O encontro sobre a abordaxe da atención ao DCA tivo lugar o sábado 8 de xuño en Santiago de Compostela.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas informativas sobre o DCA

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa o xoves na Bola e na Terra de Celanova.

Actividades para o movemento asociativo

Relación de accións que, como o Encontro de Profesionais, se dirixen a diferentes grupos dos que conforman a nosa base social.

Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral Asistentes ao Encontro de Profesionais de 2019

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=290