Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº85]

Logo FEGDACE

Luns, 24/06/2019

As charlas sobre o DCA chegaron a 32 dos concellos máis illados e envellecidos

Entre marzo e xuño de 2019 a traballadora social de FEGADACE visitou 32 concellos para impartir 33 charlas sobre o dano cerebral adquirido. Este proxecto de sensibilización no rural levou información a 469 persoas. Dúas delas, de San Xoán de Río e de Xunqueira de Ambía, relatan en vídeo as súas impresións. O programa contou co financiamento da Consellería de Política Social a través da asignación do 0,7% do IRPF; é dicir, dos fondos que as persoas contribuíntes destinan a 'fins sociais' marcando a 'X Solidaria' na súa declaración da renda.

Mapa das charlas sobre o DCA impartidas en 2019

Máis noticias:

Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras

Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.

'Punto e seguido' continúa na sala Apo'strophe.arte de Vigo ata o 3 de xullo

Na presentación falaron Luciano Fernández, presidente de FEGADACE, e Mª Jesús Lage, usuaria de Alento.

ADACECO organiza un curso de vendaxe neuromuscular en afeccións neurolóxicas

Dirixido a fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais, vaise desenvolver do 8 ao 10 de novembro.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Teatro en Santiago: 'Sarela 211'

O grupo de teatro da Asociación de Dano Cerebral de Compostela estrea o venres 28 de xuño ás 19:30 'Sarela 211'. As entradas están á venda por 6 euros.

Alianzas e plataformas

O traballo en rede é fundamental para a sensibilización sobre o DCA e para o reforzo das demandas do colectivo. Aquí hai unha relación dos foros nos que nos atopamos.

Cartel da obra de teatro Sarela 211 Reunión en ADACECO

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=292