Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº86]

Logo FEGDACE

Luns, 08/07/2019

CaixaBank renova o seu compromiso coas persoas con dano cerebral adquirido

A Federación Galega de Dano Cerebral vén de recibir unha doazón de 9.000 euros por parte de CaixaBank. Esta cantidade destinarase a consolidar algúns proxectos de sensibilización, como son a exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’; o ciclo de charlas informativas sobre o DCA; ou a xornada científico-académica sobre o dano cerebral. Na imaxe, de esquerda a dereita, Luciano Fernández (presidente de FEGADACE) e Giuseppe Scassa (director da oficina Store Compostela) trala sinatura do acordo.

Luciano Fernández e Giuseppe Scassa

Máis noticias:

FEGADACE busca asesoría para elaborar a Planificación Estratéxica 2020-2023

Publicados os Termos de Referencia para a contratación do servizo; recibiranse propostas ata o 29 de xullo.

Oito consellos para unha condución segura na operación saída e durante todo o verán

Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

A X Solidaria esténdese ás empresas a través do Imposto de Sociedades

Desde xullo as corporacións tamén poden colaborar asignando o 0,7% da súa declaración a fins sociais.

Publicada a 'Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias' de 2019

O Ministerio de Sanidade e Benestar Social actualiza o documento todos os anos cos novos recursos.

As persoas con dano cerebral de Lugo e Ourense estiveron en León e no Baixo Miño

Saídas organizadas por ADACE e Renacer e enmarcadas no programa de ocio de fin de semana de FEGADACE.

O boletín Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia vai de vacacións!
Estaremos de volta con máis información no teu correo electrónico o 12 de agosto. Que pases un bo verán!

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Vota por 'Respiro ao DCA'

Pincha nesta ligazón e dános o teu voto na convocatoria Cinfa! Se somos un dos 50 proxectos máis votados poderemos organizar un respiro para familiares e para persoas con DCA!

Educación para a saúde

Nesta sección detállanse os factores de risco do ictus e as nosas recomendacións para a prevención das principais causas do DCA: ictus, accidentes de tráfico, laborais, caídas e golpes no deporte.

Persoas coidadoras na actividade de respiro de 2018 Dúas persoas camiñando

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=293