Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº90]

Logo FEGDACE

Luns, 23/09/2019

A #XornadaDCA vai estar dedicada a 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética'

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido vai ter lugar este sábado na Facultade de Filosofía da USC, en Santiago de Compostela. Ademais da reflexión sobre ‘Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética’ (con intervencións de Miguel Anxo García, María Jesús Goikoetxea, María José Cachafeiro e José Luis Bimbela), na #XornadaDCA tamén se vai facer entrega do 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, que recollerá o seu director, o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios. Aquí están os horarios e o programa completo, e aquí pode atoparse o formulario de inscrición.

Cartel da Xornada sobre o DCA 2019

Máis noticias:

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza sete obradoiros sobre o DCA

Impartidos por profesionais das asociacións de FEGADACE e baseados na nosa guía para familiares.

O 'Defensor del Pueblo' reclama unha maior atención ao dano cerebral na infancia

A institución fixo público un estudo monográfico que analiza a situación da infancia e da adolescencia.

Ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral

Esta semana hai citas en Malpica, Sarreaus, Mañón e Moeche. Calendario completo en Axenda.

Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras

Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido', en Lugo ata o 1 de outubro

A colección de imaxes sobre 'a vida despois do dano cerebral adquirido' pódese ver en La Ferretería. Este vídeo filmado en ADACE Lugo é un adianto dos seus contidos e protagonistas.

Sensibilización

Apartado que recompila as accións e campañas de sensibilización que desenvolve a Federación, como as charlas sobre o dano cerebral, a elaboración de documentación para familias, e outras actividades.

Cartel que anuncia a exposición Punto e seguido en Lugo Apartado de sensibilización da web de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=297