Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº94]

Logo FEGDACE

Luns, 25/11/2019

FEGADACE xera un retorno social de case 6 euros por cada euro mobilizado

A federación elaborou no último ano un estudo sobre o valor social xerado polo movemento asociativo do dano cerebral en Galicia. Este proxecto de innovación social dentro do sector da discapacidade de Galicia e España contou co apoio da Fundación Barrié e da Fundación Roviralta, dentro da convocatoria Más Social do ano 2017. O informe foi presentado no VIII Annual Congress of Global Economic Accounting: Valor Social e Desenvolvemento Sostible, celebrado en Santiago de Compostela.

Presentación do estudo no Congreso 'Valor Social e Desenvolvemento Sostible'

Máis noticias:

FEGADACE achegou información sobre o DCA a 19 concellos do rural galego

Este ciclo de charlas realizado pola federación contou co apoio da Obra Social Caixabank.

A guía sobre o DCA para familias xa conta con versión en castelán

A guía foi elaborada por un grupo de traballo formado por profesionais das asociacións e da federación.

FEGADACE súmase á campaña 'En negro contra as violencias machistas'

A federación vístese de negro polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Teatro e música solidarios para apoiar o traballo de Adaceco

A Coruña e Culleredo foron os escenarios de dous eventos culturais solidarios coa asociación.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Baixo o mesmo paraugas'

O 3 de decembro entidades da discapacidade de Galicia conmemoran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun acto nas principais cidades galegas.

Información legal

A irrupción do DCA  xera novas situacións a nivel legal. Así mesmo, existen axudas e recursos de protección social para a persoa con dano cerebral e a súa familia.

Fragmento do cartel 'Baixo o mesmo paraugas'

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=301