Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº103]

Logo FEGDACE

Luns, 06/04/2020

A X Solidaria chega este ano aos balcóns e xanelas de toda Galicia

Con motivo das especiais circunstancias que estamos a vivir este ano, as entidades sociais queremos animar a toda a cidadanía a que enchan as redes sociais, as xanelas e os balcóns das súas vivendas con carteis animando a marcar a casiña 106 da súa declaración da renda, para despois subir unha foto ás redes coas etiquetas #XSolidaria e #1MillonDeRazones.

Máis noticias:

A Fundación Banco Santander apoia a dixitalización de FEGADACE

A federación foi unha das entidades sociais beneficiarias da I Convocatoria Santander Social Tech.

Información dos servizos dos concellos galegos ante a crise sanitaria do COVID-19

FEGADACE elaborou un listado dos contactos facilitados polos concellos de toda Galicia.

Medidas sociais postas en marcha polo goberno durante a crise do coronavirus

Pequeno resumo das medidas sociais establecidas a nivel estatal para abordar a situación actual.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Campaña da renda 2019

Comezou a campaña para facer a declaración da renda, aberta ata o 30 de xuño. Desde FEGADACE animámosvos a marcar a casiña de Fins Sociais.

Información para a atención

Apartado que recompila manuais de atención dirixidos a familiares, persoas coidadoras, e ás propias persoas con dano cerebral adquirido.

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=311