Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº116]

Logo FEGDACE

Martes, 13/10/2020

Xornadas sobre o Dano Cerebral en streaming: 21 e 28 de outubro e 4 de novembro

A pandemia da COVID-19 obrigou a FEGADACE a converter a súa habitual Xornada sobre o Dano Cerebral nun ciclo de tres Xornadas sobre o Dano Cerebral Adquirido que terán lugar nas tardes dos mércores 21 e 28 de outubro e 4 de novembro. Para garantir a seguridade de todas as persoas participantes e asistentes, as Xornadas organízanse de maneira virtual e retransmitiranse en streaming. A inscrición está aberta.

Cartel das Xornadas sobre o Dano Cerebral 2020

Máis noticias:

FEGADACE estuda a repercusión do coidado informal na saúde das persoas coidadoras

Os resultados da investigación, apoiada pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, publicaranse este ano.

Actualización semanal dos niveis de risco de brote de coronavirus

A caracterización e criterios foron publicados en setembro e determinan a apertura dos centros.

A OMS afirma que as persoas con discapacidade precisan atención prioritaria

Teñen que ser consideradas un grupo en situación de vulnerabilidade durante a crise sanitaria da COVID-19.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
25 Aniversario da FEDACE

O acto de conmemoración, que se celebra hoxe, será un percorrido histórico polo pasado, presente e futuro do movemento asociativo.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Fragmento do cartel do 25 aniversario da FEDACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=325