Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº120]

Logo FEGDACE

Luns, 07/12/2020

A discapacidade esixe estar presente na reconstrución social e económica

O 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional da Discapacidade. O CERMI Galicia organizou un acto no que se deu lectura ao manifesto da xornada (As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia) e se estreou un vídeo que rende homenaxe aos equipos profesionais das asociacións de discapacidade. Tamén continuou a campaña Baixo o mesmo paraugas co apéndice "Este ano... na casa!".

O dano cerebral adquirido baixo o mesmo paraugas da discapacidade

Máis noticias:

Que problemas de saúde oral pode ter unha persoa con dano cerebral adquirido?

Editamos dous folletos con información para familiares e para profesionais da odontoloxía.

Luciano Fernández Pintor, elixido presidente do CERMI Galicia

O máximo responsable de FEGADACE pasa a encabezar a entidade de referencia da discapacidade.

Xa abonda de violencia contra as mulleres e nenas con discapacidade!

Manifesto da Fundación CERMI Mujeres polo 25 de novembro, xornada contra a violencia machista.

Actualización dos niveis de risco de brote de coronavirus

A caracterización e criterios foron publicados en setembro e determinan a apertura dos centros.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Saúde oral na rede

Se perdeches o Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral, aquí podes consultar o vídeo que estreamos e os contidos dos relatorios.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Captura da retransmisión do Simposio sobre Saúde Oral

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=330