Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº123]

Logo FEGDACE

Luns, 18/01/2021

Finaliza o estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras

FEGADACE puxo en marcha en 2020 o 'Estudo sobre saúde e calidade de vida das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral', co obxectivo de coñecer o impacto que supoñen as tarefas de coidados sobre a súa saúde e calidade de vida, en clave de desigualdade de xénero. Participaron preto de 300 coidadoras. Nas vindeiras semanas presentaranse as conclusións.

Máis noticias:

Exención do copago farmacéutico ás menores de 18 anos con discapacidade

A medida, aprobada nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, afecta a case 8.000 persoas en Galicia.

Nomean a catro galegos coordinadores da Sociedad Española de Neurología (SEN)

A doutora Mar Castellanos, do CHUAC, vai coordinar o Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares.

'Temos postas moitas esperanzas na nova Dirección Xeral de Atención Sociosanitaria'

Entrevista a Luciano Fernández como presidente do CERMI Galicia no xornal cermi.es semanal.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' visita Monforte de Lemos

Desde o 1 de febreiro a colección de fotografías poderá visitarse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Tamén continúa activa online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Unha das fotografías da mostra Punto e seguido

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=333