Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº124]

Logo FEGDACE

Luns, 01/02/2021

Tres titoriais para saber como debe ser a hixiene oral da persoa con dano cerebral

A Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Universidade de Santiago de Compostela e FEGADACE manteñen a súa colaboración polo benestar e a calidade de vida das persoas con dano cerebral. Desta vez fan pública unha serie de tres titoriais en vídeo (para a persoa independente, a persoa con dependencia moderada e a persoa en situación de dependencia severa) nos que achegan indicacións sobre como debe ser o coidado da hixiene oral das persoas con dano cerebral.

A portada dun dos vídeos de hixiene oral e dano cerebral

Máis noticias:

A Federación participa na Comisión da Muller do CERMI Galicia

As vindeiras actividades estarán centradas en visibilizar ás coidadoras con e sen discapacidade.

FEGADACE incorporou ao seu equipo unha traballadora social e unha administrativa

Contratacións realizadas grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.

Alento entra a formar parte de In-Red, Patronal Galega de Discapacidade Intelectual

A entidade, fundada en decembro, presentou en xaneiro os seus obxectivos e Plan de Actividades para 2021.

Entran en vigor as novas medidas de restrición para o control da pandemia

Mobilidade restrinxida ao ámbito municipal e reunións prohibidas cando menos ata o 17 de febreiro.

O CERMI insta a acelerar o proceso de vacinación das persoas con discapacidade

A reclamación xorde da xuntanza do ente estatal cos comités autonómicos celebrada o 19 de xaneiro.

Queres coñecer mellor a vacina anticovid-19 e o plan para administrala en Galicia?

A Xunta anunciou que entre o 10 e o 12 de febreiro comezará a vacinación do persoal dos centros de día.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Adiada a exposición en Monforte de Lemos

As novas restricións sanitarias obrigaron a suspender a exposición en Monforte. Mentres non se pode reprogramar, continúa activa online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Unha das fotografías da mostra Punto e seguido

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=334