Divulgación de coñecemento

Xornadas sobre o Dano Cerebral Adquirido

Encontro de perfil científico-académico destinado a xerar e transmitir coñecemento sobre o dano cerebral adquirido a través das conferencias de especialistas en diferentes materias directa e indirectamente relacionadas co dano cerebral. Adoita ser tamén o marco no que se fai entrega, cada ano, do Premio FEGADACE - Miguel Blanco.

Cartel da Xornada 2022 Programa da Xornada 2022
2022:
A atención integral sociosanitaria como garantía de calidade de vida no dano cerebral adquirido: presentación do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia
Cartel da Xornada sobre o Dano Cerebral de 2021 Programa da Xornada sobre o Dano Cerebral de 2021
2021:
O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade xurídica e de obrar das persoas con discapacidade
Cartel das Xorndas sobre o Dano cerebral 2020 Programa das Xornadas sobre o Dano Cerebral 2020
2020:
Cartel da Xornada sobre o Dano Cerebral 2019 Programa da Xornada sobre o Dano Cerebral 2019
2019:
Cartel da Xornada sobre o Dano Cerebral 2018 Programa da Xornada sobre o Dano Cerebral 2018
2018:
Cartel da Xornada sobre o Dano Cerebral 2017 Programa da Xornada sobre o Dano Cerebral 2017
2017:
I Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido

Saúde Oral e Dano Cerebral

Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral

Cos obxectivos de incrementar o coñecemento mutuo e mellorar a capacitación de todos os equipos profesionais implicados na atención ao dano cerebral adquirido, mesmo desde antes de que se produza (no ámbito da prevención), FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC organizaron en 2020 un Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral.
Cartel do Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral Programa do Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral
2020:
Cartel e programa do Simposio sobre Saúde Oral e Dano Cerebral
Vídeo da primeira xornada do Simposio (23/11/2020) Vídeo da segunda xornada do Simposio (25/11/2020)

Prevención, coidados, alteracións orais e tratamento odontolóxico en dano cerebral

Catro dos doutores que traballan na Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC explican desde diferentes puntos de vista a relación entre o dano cerebral adquirido e o coidado xeral da saúde oral. Ambas cuestións están relacionadas desde a prevención (pola relación entre periodontite e risco de ictus), coidados odontolóxicos, alteracións orais e tratamento odontolóxico das persoas con dano cerebral adquirido.
 

Información para profesionais

Outra das liñas de traballo abertas por FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC é a sensibilización e formación dos e das profesionais que atenderán ás persoas con dano cerebral. Este folleto informativo resume as principais recomendacións para odontólogos/as, hixienistas, etc.
 
Exterior do folleto de saúde oral para profesionais
 
Interior do folleto de saúde oral para profesionais
 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=335