Movemento asociativo

Actividades destinadas á formación, coidado e atención de profesionais, xuntas directivas, familias, persoas con dano cerebral e base social das asociacións de FEGADACE.

Respiro familiar

O respiro ten un dobre obxectivo: por unha banda é unha actividade de lecer, diversión e socialización para a persoa con dano cerebral e, pola outra, serve de descanso para o coidador ou coidadora principal. As asociacións de FEGADACE organizan un respiro ao ano.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual

Respiro para persoas coidadoras

Actividade de lecer que ten como beneficiarias ás persoas coidadoras, proporcionándolles unha xornada de descanso, autocoidado e desconexión da persoa dependente.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: bianual

Xuntanza de Persoas e Familias con DCA

Encontro de carácter lúdico e festivo dirixido á totalidade do movemento asociativo. Ten as súas raíces no Foro de Familias, un encontro anual que se organizou entre 2012 e 2016, e que tiña un perfil divulgativo e formativo e que estaba dirixido unicamente a familiares.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: 2017

Accións de formación para Xuntas Directivas

Encontro de Xuntas Directivas

Xuntanzas destinadas a mellorar as capacidades directivas e o liderado das xuntas directivas das asociacións e de FEGADACE, ao tempo que se contribúe a construír a cultura da Federación. Participan os membros das xuntas directivas de FEGADACE e das súas asociacións. Puntualmente acoden tamén os directores e directoras.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual

Outras

Plan Estratéxico
Liderado e habilidades directivas

Accións de formación para o persoal técnico das entidades federadas

Estratexia de Intervención da disfaxia orofarínxea en persoas con DCA
Planificación, Fundraising e Comunicación
Toma de decisións difíciles
Modelo Affolter
Sexualidade e Dano Cerebral Adquirido
Técnicas de deglución na disfaxia
Introdución ao INN (Integrating Neurodynamics into Neurorehabilitation)
Valoración e diagnose do DCA segundo o sistema BECAD
Banco de tempo


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=337