Financiadores
FEGADACE conta con diferentes fontes de financiamento para o seu mantemento e o desenvolvemento das actividades coas que contribúe ao cumprimento dos seus obxectivos:
Fontes propias
-
Cotas: Todas as entidades socias de FEGADACE abonan unha cota anual por seren membros da Federación.
-
Campañas de captación de fondos: FEGADACE desenvolve puntualmente actividades e campañas de captación de fondos.
Fontes públicas
-
Consellería de Política Social: Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para o financiamento dos programas de Atención Ambulatoria, de Rehabilitación Funcional e Inclusión Social de persoas con dano cerebral adquirido e do Mantemento da Federación e das entidades federadas.
-
Consellería de Política Social: Subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
-
Consellería de Economía, Emprego e Industria: Programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para a promoción do emprego.
-
Deputación da Coruña
-
Fundación Galicia Europa
-
Outras: colaboración puntual coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do SERGAS, e coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na organización de actividades formativas relacionadas co dano cerebral.
Fontes privadas
-
Doazón online: A Federación ten habilitado un espazo para a realización de doazóns a través da súa páxina web.
-
Fundación Banco Santander
-
Fundación Barrié
-
Fundación Roviralta
-
Obra Social La Caixa
FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=34