Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº127]

Logo FEGDACE

Luns, 15/03/2021

Volve o ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido!

Os concellos de Sober e Vilalba van ser os escenarios do retorno das charlas sobre o dano cerebral adquirido que imparte FEGADACE. Estas sesións informativas tratan de achegar o dano cerebral adquirido á poboación máis afastada das áreas urbanas. Impartidas pola traballadora social da Federación, informan sobre causas, consecuencias, mecanismos de prevención, e tamén sobre o modelo de atención ao dano cerebral adquirido. O ciclo de charlas está financiado no marco dos programas realizados grazas á recadación procedente das persoas contribuíntes que marcan a X Solidaria na súa declaración.

Cartel da charla sobre o dano cerebral en Sober

Máis noticias:

O CERMI Galicia visibiliza ás mulleres con discapacidade e coidadoras

Conclusións do encontro online organizado coa Secretaría Xeral da Igualdade para conmemorar o 8M.

CERMI Mulleres esixe, polo 8M, acabar coa sociedade 'machista' e 'capacitista'

'Nós tamén somos mulleres' é o título do manifesto feminista das mulleres con discapacidade.

O CERMI Galicia demanda que se inclúa á discapacidade na estratexia de vacinación
Denuncia tamén desordes e retrasos no actual plan galego de inmunización fronte á COVID19.
Sarela fará unha protesta diaria pola vacinación contra o coronavirus

Reclama á Xunta un calendario realista de inmunización das persoas con dano cerebral e dependentes.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Punto e Seguido en Sober e Vilalba

A colección de fotografías sobre a vida con dano cerebral volve no mes de marzo aos concellos de Sober e Vilalba. Tamén continúa online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Mostra sobre o dano cerebral

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=342