Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº129]

Logo FEGDACE

Luns, 12/04/2021

Muller de 56 anos que atende ao seu marido que tivo un ictus: así son as coidadoras de persoas con dano cerebral adquirido

Muller de 56 anos que coida soa do seu marido, que tivo un ictus, e traballa como asalariada. Este é o perfil tipo das persoas coidadoras de persoas con dano cerebral segundo o estudo que FEGADACE presentou o 9 de abril e que leva por título 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. Consulta aquí o informe, o caderno coas principais conclusións, o vídeo-resumo, e a gravación completa do almorzo informativo de presentación.

Captura do vídeo sobre o coidado informal no dano cerebral

Máis noticias:

Ante a emerxencia social, pedimos o apoio das contribuíntes na declaración da renda

As entidades sociais estamos en primeira liña, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables.

Autonomía, mobilidade e información grazas ás contribuíntes que marcan a X Solidaria

En 2020 beneficiáronse dos oito programas para o dano cerebral de FEGADACE máis de 5.000 persoas.

A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido
Artigo da directora de FEGADACE, Begoña Hermida, na revista especializada El Dentista Moderno.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' en Sarria

A colección de fotografías 'Punto e seguido' pode verse desde hoxe en Sarria. Este mércores haberá un acto de inauguración ás 13:00. Tamén continúa online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Mostra sobre o dano cerebral

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=344