Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº130]

Logo FEGDACE

Luns, 26/04/2021

Cales son os meus dereitos como paciente con dano cerebral adquirido?

O 18 de abril, Día Europeo dos Dereitos das Pacientes, estreamos colaboración coa Escola Galega de Saúde. Trátase do primeiro de cinco vídeos nos que a traballadora social de FEGADACE presentará o traballo realizado conxuntamente con ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela para responder ás principais cuestións identificadas polas asociacións en relación con diferentes temas que afectan ao colectivo do dano cerebral. O primeiro destes temas é que ocorre na fase aguda, que decorre no hospital, e cales son os nosos dereitos en tanto que pacientes.

A traballadora social de FEGADACE nun vídeo para a ACIS

Máis noticias:

A Asemblea Xeral de FEGADACE parabenízase polo esforzo realizado en 2020

O órgano de goberno aprobou as contas e memoria do ano pasado, e a planificación e orzamento de 2021.

Dez datos da Memoria de Actividades que resumen o traballo de FEGADACE en 2020

Un período marcado pola pandemia e pola adaptación de terapias e actividades ás medidas de prevención.

Temos algo que contarche: as asociacións de dano cerebral podemos axudarche
Profesionais das asociacións de FEDACE explícanche o labor de atención e rehabilitación en cinco vídeos.
Día do Libro: 22 volumes que falan do dano cerebral adquirido e da discapacidade
Recomendamos especialmente a novela 'Iridium', na que Alento e FEGADACE colaboramos con Francisco Castro.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas e exposición

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral, no que informamos sobre causas, prevención e modelo de atención, chega en maio á Cañiza (día 6) e Barbadás (día 7). Neste último concello tamén se poderá ver a mostra Punto e Seguido do día 3 ao 21. Tamén continúa visible online.

X Solidaria

Este ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información grazas á X Solidaria.

Mostra sobre o dano cerebral Logotipo da X Solidaria

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=345