Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº132]

Logo FEGDACE

Luns, 24/05/2021

O proxecto Stop Fenda Dixital vai formar ás persoas e familias con dano cerebral

Stop Fenda Dixital é unha iniciativa do movemento asociativo do dano cerebral para mellorar as competencias de toda a súa base social no uso das novas tecnoloxías. Se a fenda dixital era unha realidade nas asociacións de dano cerebral, a pandemia e todas as medidas de illamento social despregadas para o seu control puxeron de manifesto a urxencia de actuar para reducir o desequilibrio e facilitar o acceso a todo tipo de ferramentas dixitais. FEGADACE colabora coa Fundación Esplai na liña de formación do proxecto.

Captura de pantalla da reunión online coa Fundación Esplai

Máis noticias:

FEGADACE reúnese coa Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Colaboración no marco do proxecto 'Camiñando polo dano cerebral', que a Federación impulsa en 2021.

O CERMI cualifica o 11 de maio como xornada histórica para a discapacidade e o social

O Consello de Ministros aprobou o proxecto de reforma do artigo 49 da Constitución, que pasa ás Cortes.

O Congreso aproba a reforma que acaba coa incapacitación xudicial por discapacidade
Substitúea por un sistema de apoios individualizados para a toma de decisións de forma libre e autónoma.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición e charlas

A exposición 'Punto e seguido' está ata o 4 de xuño en Salceda de Caselas; tamén se pode ver online en PeopleArtFactory. Ademais, continúa o programa de charlas sobre o dano cerebral en Cedeira (26 de maio), Salceda (1 de xuño) e Coristanco (9 de xuño).

X Solidaria

Este ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información.

Mostra sobre o dano cerebral Logotipo da X Solidaria

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=347