Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº133]

Logo FEGDACE

Luns, 07/06/2021

Eu non son o meu dano cerebral: medos, soños, vivencias e perspectivas

En 2020 fixéronse dúas décadas de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia. ADACECO, Alento e Sarela cumprían 20 anos que non se puideron apenas celebrar por causa da pandemia, pero que se conmemoraron cun libro e unha serie de vídeos titulados Eu non son o meu dano cerebral adquirido. 20 anos de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia. Neles, as persoas con dano cerebral toman a palabra.

Captura do vídeo Eu non son o meu dano cerebral

Máis noticias:

A alimentación antes e despois do dano cerebral: prevención e adaptacións

Nova colaboración en vídeo coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns polo Día da Nutrición.

A Fundación La Caixa afianza o seu compromiso coas persoas con dano cerebral

A oficina Store Compostela realiza unha doazón de 5.000 euros a FEGADACE para reducir a fenda dixital.

O nadador Aitor de Luis vai colaborar na concienciación sobre o dano cerebral
Apoiará a FEGADACE difundindo a súa causa nas travesías, retos e outras actividades de augas abertas.
O Congreso aproba a reforma que acaba coa incapacitación xudicial por discapacidade
Substitúea por un sistema de apoios individualizados para a toma de decisións de forma libre e autónoma.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición e charlas

A exposición 'Punto e seguido' está ata o 18 de xuño na Cañiza, e desde o 21 do mesmo mes en Pontedeume. Tamén se pode ver online en PeopleArtFactory. Ademais, continúa o programa de charlas sobre o dano cerebral en Coristanco (9 de xuño) e Pontedeume (22 de xuño).

X Solidaria

Este ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información.

Mostra sobre o dano cerebral Logotipo da X Solidaria

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=348