Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº136]

Logo FEGDACE

Luns, 19/07/2021

Inscrición aberta no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral'

A inscrición no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral' está aberta en Carreiras Galegas, a web do departamento de carreiras populares oficiais da Federación Galega de Atletismo. Esta é unha das entidades e institucións que colaboran con FEGADACE na organización do evento solidario, que vai ter lugar en Ourense o domingo 12 de setembro. Enmárcase no proxecto de prevención sobre o dano cerebral 'Camiñando polo dano cerebral', apoiado polo Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia.

Camiña polo dano cerebral

Máis noticias:

FEGADACE estrea colaboración coa revista Consumer cun artigo sobre prevención

O boletín online do grupo Eroski publicará cada dous meses un texto sobre o dano cerebral adquirido.

FEGADACE amplía a súa rede de colaboracións con catro novos convenios

Acordos coa UDC, a escola de Traballo Social da USC, a revista Eroski Consumer e o nadador Aitor de Luis.

EmpreXas que marcan, para marcar o cambio: marca o cadro de Empresa Solidaria
Desde o 1 ata o 26 de xullo, pódese destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades a fins sociais.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas e exposición

A información sobre o dano cerebral continúa no verán! No Grove haberá unha charla o día 22 e a mostra Punto e seguido pode visitarse ata o 29 de xullo. Ademais, Boimorto acolle a sesión informativa 'Pódese previr o dano cerebral?' o día 23.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias.

Exposición Punto e seguido Imaxes de produtos de hixiene e prevención da COVID19

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=353