Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº137]

Logo FEGDACE

Luns, 02/08/2021

Obradoiros de hixiene oral para persoas con dano cerebral adquirido en Alento

A colaboración de FEGADACE coa Unidade de Odontoloxía para Persoas con Necesidades Especiais da USC continúa este ano cunha serie de obradoiros de hixiene oral que se están a impartir nas asociacións. Os primeiros tiveron lugar na residencia e centro de atención diúrna de Alento, en Vigo. Ademais, tres profesionais da Unidade publicaron un artigo nunha revista especializada titulado Recomendacións para a abordaxe do/a paciente con dano cerebral no gabinete odontolóxico.

Obradoiro de hixiene oral en Alento

Máis noticias:

Inscrición aberta no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral'

Incluída na lista oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), tamén permite colaborar co Dorsal 0.

As persoas con dano cerebral melloran a súa capacidade comunicativa con novos SAAC
'Comunícate comigo!' é un proxecto de FEGADACE e as súas asociacións que financia a Fundación La Caixa.
A traballadora social de FEGADACE imparte unha charla para a Fundación Mujeres

Enmarcada no Servizo de Apoio Integral ás Coidadoras, co obxectivo de informalas sobre o dano cerebral.

Asistimos ao curso de verán da USC 'A familia no novo réxime da discapacidade'
Sarela interviu nun obradoiro sobre o impacto da reforma legal nas organizacións da sociedade civil.
O dano cerebral foi incluído na renovación do convenio de persoas lesionadas de tráfico
As aseguradoras e o sector da sanidade privada inclúen un anexo para atención ás secuelas neurolóxicas.
 
O boletín de Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia descansa en agosto. Volvemos aos vosos buzóns de correo en setembro. Bo verán!

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición no CHUS (Santiago)

A exposición fotográfica 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' volve a Santiago. Desta vez poderá verse no hall do Hospital Clínico, sen restricións horarias, desde hoxe ata o día 31 de agosto. Tamén se pode seguir vendo online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias.

Exposición Punto e seguido Imaxes de produtos de hixiene e prevención da COVID19

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=354