Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº140]

Logo FEGDACE

Luns, 04/10/2021

A páxina web de FEGADACE, fegadace.org, xa é accesible en Lectura Fácil

Para accecer aos contidos adaptados só hai que seleccionar a pestana do menú superior dereito. Os novos textos foron adaptados pola Associació Lectura Fácil e validados por cinco grupos de persoas con dano cerebral das cinco asociacións de FEGADACE. A adaptación realizouse no marco do programa 'Comunícate Comigo!', financiado pola Fundación La Caixa.

Portada da web de FEGADACE en Lectura Fácil

Máis noticias:

Se non puideches asistir á Xornada sobre Lectura Fácil, aquí está o vídeo!

Explicouse o proceso de adaptación da web de FEGADACE e puido oírse a especialistas na materia.

O lecer, un dereito para as persoas con dano cerebral adquirido
Segunda colaboración de FEGADACE coa revista Consumer, asinada por dúas profesionais de Sarela.
Emerxencia vivenda: polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible
FEGADACE súmase ao manifesto e á campaña da EAPN España contra a exclusión residencial.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' en Ames

A colección de fotografías 'Punto e seguido' visita Ames en outubro. A primeira parada é na Casa da Cultura do Milladoiro, ata o día 7. A segunda, desde ese mesmo día ata o 14 no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Para quen non poida achegarse, 'Punto e seguido' continúa online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Imaxes de produtos de hixiene e prevención da COVID19

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=357