Luns, 18/10/2021
Baixo o epígrafe 'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade', a Federación reúne en Santiago de Compostela a especialistas que abordarán a modificación legal desde as perspectivas da notaría, da fiscalía, do dereito civil ou dos dereitos das persoas con discapacidade. Será o sábado 13 de novembro entre as 9:30 e as 17:00 horas. Durante a xornada tamén se fará entrega do 9º Premio FEGADACE - Miguel Blanco.
A formación ten unha duración de 18 horas e comeza o 2 de novembro; a inscrición, de balde, está aberta.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Exposición e charlasA información sobre o dano cerebral non para! Haberá charlas en Camariñas o día 20, en Cangas o 28, e en Ponteceso o 3 de novembro. Ademais, a mostra fotográfica 'Punto e seguido' está en Cangas ata o 2 de novembro. Tamén continúa visible online. |
Día do Dano CerebralDesde 2007, cada 26 de outubro conmemórase o Día Nacional do Dano Cerebral, que aproveitamos para sacar á rúa as nosas demandas e reivindicacións. Nesta páxina podes consultar o manifesto que resume cada ano as necesidades do colectivo. |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |