Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº143]

Logo FEGDACE

Luns, 15/11/2021

Volve o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' en novembro

FEGADACE retoma este mes o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', no que se abordan os temas da discapacidade e da inclusión a través de dúas películas protagonizadas por dous homes que tiveron un ictus. O escenario das proxeccións van ser as sedes de Afundación das cidades de Lugo, Vigo e Ourense, e as datas van do 23 de novembro ao 1 de decembro. Os filmes seleccionados son Fálame de ti (Un homme pressé. Hervé Mimran, 2018), A escafandra e a bolboreta (Le scaphandre et le papillon. Julian Schnabel, 2007), e repetimos a curta O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido (Miguel Gallardo & FEGADACE, 2019).

Ciclo de cine e dano cerebral

Máis noticias:

Día da Persoa Coidadora: orientación para a atención e autocoidado

FEGADACE repite colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns en 'O experto responde'.

Día da Diabetes e Día sen Alcol: dúas xornadas para a prevención do dano cerebral
O control dos factores de risco asociado a uns hábitos saudables axuda a evitar novos casos de ictus.
Oferta de emprego en FEGADACE: buscamos Técnica/o de Formación
Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas en Moaña e Forcarei

O programa de actividades informativas sobre o dano cerebral adquirido continúa con tres charlas en Moaña e unha en Forcarei. Ademais, a exposición fotográfica 'Punto e seguido' continúa en Ponteceso ata o día 17, e tamén se pode ver online.

Normas e leis

Existe numerosa lexislación que intervén no funcionamento de FEGADACE, das asociacións e das familias e persoas con dano cerebral adquirido. Nesta sección da web atópase a principal, clasificada por ámbitos autonómico, estatal e internacional.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Martelo e libros da lei

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=360