Luns, 29/11/2021
FEGADACE continúa esta semana o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', no que se abordan os temas da discapacidade e da inclusión a través de dúas películas protagonizadas por dous homes que tiveron un ictus. O escenario das proxeccións son as sedes de Afundación das cidades de Lugo, Vigo e Ourense, e as datas o 30 de novembro (Vigo) e o 1 de decembro (Lugo e Ourense). Os filmes seleccionados son Fálame de ti (Un homme pressé. Hervé Mimran, 2018), A escafandra e a bolboreta (Le scaphandre et le papillon. Julian Schnabel, 2007), e repetimos a curta O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido (Miguel Gallardo & FEGADACE, 2019).
Estudouse o impacto no colectivo do dano cerebral da reforma da capacidade xurídica e de obrar.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas en Moaña, Forcarei e GondomarO programa de actividades informativas sobre o dano cerebral segue en Moaña (esta tarde), Forcarei (mañá) e Gondomar (10 de decembro). Ademais, a exposición fotográfica 'Punto e seguido' continúa en Mazaricos ata o día 1, e tamén se pode ver online. |
Documentos políticosAdemais dos propios, FEGADACE emite e participa na elaboración de posicionamentos políticos a través de plataformas sociais como o CERMI ou a EAPN Galicia. Neles falamos de cuestións comúns como discapacidade, pobreza, exclusión social, dereitos... |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |