Luns, 13/12/2021
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns leva un ano colaborando con FEGADACE na información e formación sobre diferentes aspectos relacionados tanto coa prevención como coa abordaxe do dano cerebral adquirido. Vinculados a outras tantas efemérides, ambas entidades editaron cinco vídeos nos que os equipos profesionais das asociacións de FEGADACE responden a unha serie de preguntas relacionadas con dereitos, nutrición, coidado do cerebro, persoas coidadoras e prevención, dentro da sección 'O experto responde'.
Membros da Federación e das asociacións estudaron como mellorar o seu rol nos procesos de financiamento.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
'Punto e seguido' onlineAo longo do ano a exposición 'Punto e seguido' amosou como é a vida con dano cerebral adquirido en concellos, casas da cultura, centros cívicos, hospitais... pero sempre se mantivo accesible na internet. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online. |
SensibilizaciónAmosar o día a día das persoas con dano cerebral, facer á poboación consciente de que implica esta discapacidade na persoa e na familia, concienciar sobre a necesidade de previr as causas... son os obxectivos das campañas de sensibilización de FEGADACE. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |