Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº146]

Logo FEGDACE

Xoves, 23/12/2021

FEGADACE deséxache boas festas e un feliz aninovo!

A Federación Galega de Dano Cerebral adianta uns días o seu boletín quincenal para desexarche boas festas e un feliz aninovo. Agardamos que 2022 sexa un ano cheo de inclusión e de dereitos cumpridos para as persoas con dano cerebral e para as súas familias. Tamén vos desexamos unhas festas seguras e saudables, e achegamos algunhas recomendacións para evitar os contaxios por coronavirus e tamén os ictus e os accidentes de tráfico, que son as principais causas do dano cerebral.

Lembramos ademais que grazas a Wapsi podes colaborar con FEGADACE nas túas compras online de agasallos: non perdas a oportunidade de darlle un plus solidario aos teus obsequios!

Felicitación Nadal 2021 FEGADACE

Máis noticias:

Finaliza o primeiro curso da Escola Dano Cerebral online creada por FEGADACE

A Federación ten previsto repetir a formación, dirixida a persoal dos Servizos de Axuda no Fogar, en 2022.

Falamos sobre dano cerebral e mulleres coidadoras na Universidade da Coruña
No marco do programa do máster 'Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria'.
RNE vai emitir en 2022 un informativo de radio doado de entender: 'Planeta fácil'
Acordo entre RTVE e Plena Inclusión España para promover a accesibilidade cognitiva en R5 Todo Noticias.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' online

Ao longo do ano a exposición 'Punto e seguido' amosou como é a vida con dano cerebral adquirido en concellos, casas da cultura, centros cívicos, hospitais... pero sempre se mantivo accesible na internet. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online.

Necesidades do colectivo

Como unha carta aos Magos, presentamos a lista de necesidades do colectivo de persoas e familias con dano cerebral: estratexia de atención, código diagnóstico, censo de persoas con dano cerebral e atención universal e inclusiva son as principais.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Necesidades do colectivo do dano cerebral

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 

 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=363