Vida independente
Rumbo: Cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva
Atención sociosanitaria de proximidade para persoas con dano cerebral adquirido
O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto que propón implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal e ao coidado das persoas con discapacidade co obxectivo de manter ás persoas na súa contorna, facilitando formas de vida inclusivas en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.
Quen pode participar?
Todas as persoas con dano cerebral adquirido que reúnan as seguintes condicións:
-
Ser maior de 18 anos.
-
Estar en fase crónica/mantemento, e presentar secuelas susceptibles de intervención por parte de persoal sociosanitario.
-
Que se careza de recursos sociosanitarios/asistenciais e/ou asociativos especializados na súa contorna.
-
No caso de existir eses recursos, que a asistencia aos mesmos se vexa limitada por:
o Motivos económicos.
o Motivos de acceso por razóns de distancia, accesibilidade, mobilidade ou dependencia dunha terceira persoa, entre outras.
Como imos facer?
Este proxecto está financiado por fondos da Unión Europea e polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. As actuacións levaranse a cabo no domicilio e na contorna natural das persoas beneficiarias e non terá custo para elas.
As principais actuacións enfocaranse en:
-
Servizos sociosanitarios de Logopedia e Terapia Ocupacional.
-
Realización de actividades formativas que fomenten o empoderamento e a autonomía das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.
-
Información, orientación e asesoramento en: accesibilidade na vivenda, recursos dispoñibles, promoción da cidadanía activa.
-
Impulso da participación comunitaria mediante xornadas de sensibilización e lecer inclusivo.
Como participar?
Solicitude de participación no 'Proxecto Rumbo: cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva':
FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=369