Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Documentos políticos

FEGADACE emite e participa na elaboración de posicionamentos políticos en colaboración con outras entidades a través das plataformas sociais das que fai parte. Estes documentos desenvolven o ideario da Federación nas áreas relacionadas coa atención ao dano cerebral, discapacidade, cuestións sanitarias, pobreza e exclusión social, traballo, educación, e cantas estean vinculadas co exercicio dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.

Día da Convención sobre Discapacidade da ONU 2022 Manifesto do CERMI 'Nenas e nenos con discapacidade, inclusión desde o principio'.
Día da Convención sobre Discapacidade da ONU 2021 Manifesto do CERMI 'Polo dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, accesible e inclusiva'.
Día da Convención sobre Discapacidade da ONU 2021 (Lectura Fácil) Manifesto do CERMI 'Polo dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, accesible e inclusiva' (en Lectura Fácil).
Día da Discapacidade 2020 Manifesto do CERMI: As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia.
Día da Discapacidade 2020 Manifesto 'Baixo o mesmo paraugas'.
Día Contra a Violencia Machista 2020 Manifesto da Fundación CERMI Mulleres: Xa abonda de violencia contra as mulleres e nenas con discapacidade.
Demandas do colectivo do dano cerebral perante as eleccións 2020 Relación de necesidades do colectivo do dano cerebral trasladadas por FEGADACE ás principais organizacións políticas que concorreron ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2020.
Día da Convención sobre Discapacidade da ONU 2020 Manifesto do CERMI polo Día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas.
Día da Discapacidade 2019 Manifesto do CERMI: SOS Soidade. Eu tamén conto.
Día da Convención sobre Discapacidade da ONU 2019 Manifesto do CERMI na primeira conmemoración do Día da Convención sobre Discapacidade da ONU: A Convención da ONU, a mellor aliada das persoas con discapacidade.
A rehabilitación integral. Un dereito básico irrenunciable A rehabilitación integral. Un dereito básico irrenunciable
Declaración conxunta de asociacións de pacientes e usuarios e de colexios profesionais en relación coa deterioración e as carencias dos servizos integrais de rehabilitación da área sanitaria de Santiago - Barbanza (2019).
Día da Discapacidade 2018 Manifesto do CERMI: Por un desenvolvemento inclusivo, que libere o potencial das persoas con discapacidade que residen en Galicia.
Estratexia valenciana de atención ao dano cerebral A Conselleria de Sanitat Universal i Salut Pública da Comunidade Valenciana presentou o 20 de xuño de 2017 o documento que marca a estratexia de atención ao Dano Cerebral Adquirido nos anos 2017-2020 na Comunitat Valenciana. Esta estratexia é un fito para o colectivo do Movemento Asociativo do dano cerebral, xa que é a primeira destas características que pon en marcha unha comunidade autónoma co espírito de atender a todas as persoas con dano cerebral sen importar a súa idade ou situación socioeconómica. Na súa elaboración estiveron implicadas as asociacións de FEVADACE.
ILP Contra o Copagamento Confiscatorio Durante o ano 2015, FEGADACE colaborou na campaña do CERMI 'Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio', destinada á recollida de sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a reforma da Lei de Dependencia e o e establecemento de criterios claros e xustos en relación coa capacidade económica e coa participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias. As sinaturas presentáronse na Xunta Electoral Central o día 30 de novembro.
Día da Discapacidade 2013 Manifesto 'SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a Salvo', elaborado polo CERMI Galicia para dar continuidade á campaña SOS Discapacidade, iniciada polo CERMI estatal en 2012, que desembocou na ILP Contra o Copagamento Confiscatorio.