Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº79]

Logo FEGDACE

Luns, 01/04/2019

FEGADACE sortea dez exemplares da novela 'Iridium' o 23 de abril, Día do Libro

Participa enviando un texto de entre 100 e 300 palabras sobre a túa experiencia co dano cerebral adquirido a opina@fegadace.org. O texto pode ser autobiográfico, testemuñal, literario, de denuncia... O que se che ocorra, sempre que teña que ver, dalgunha maneira, co DCA. A colección de relatos recibidos pódese consultar na sección de Testemuños da web.

Sorteo de dez exemplares de Iridium

Máis noticias:

Este sábado tivo lugar en Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación

Aprobadas as Contas e a Memoria de 2018, así como o Plan de Actividades e o Orzamento de 2019.

Continúa o ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral

As próximas citas serán mañá en Rairiz de Veiga e o 4 de abril nos concellos de Ourol e Muras.

Seis persoas de ADACE Lugo participaron nunha actividade de buceo adaptado

No mes de setembro probarán no mar despois desta sesión nunha piscina luguesa.

CERMI pide crear unha comisión permanente de discapacidade no Parlamento de Galicia

Durante a xornada de sensibilización organizada o 15 de marzo polo grupo do PP.
 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
III Xornada sobre o DCA de ADACECO

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña organiza este encontro o 6 de abril, en colaboración coa Fundación María José Jove. Inclúe unha presentación de Iridium.

Proxectos de FEGADACE

Listado de iniciativas que desenvolve a Federación nas áreas de sensibilización, investigación, formación e actividades para os membros do movemento asociativo.

Cartel da III Xornada sobre o DCA de ADACECO Sesión de xogo adaptado en Sarela

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org