Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº91]

Logo FEGDACE

Luns, 07/10/2019

'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' chega á Coruña e Santiago

FEGADACE organiza no mes de outubro un ciclo de cine sobre a discapacidade e a inclusión. Seis sesións, dúas cidades e tres películas nas que se aborda, desde diferentes puntos de vista, o dano cerebral adquirido. Os títulos son Anxos sen paraíso (A child is waiting. John Cassavetes, 1963), O meu fermoso cerebro roto (My beautiful broken brain. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014), e Máis alá do espello (Más allá del espejo. Joaquim Jordà, 2006). Do 15 ao 31 de outubro nas sedes de Afundación da Coruña e Santiago. Entrada gratuíta ata completar aforo.

Fragmento do cartel do ciclo de cine de FEGADACE

Máis noticias:

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza unha serie de obradoiros sobre o DCA

Impartidos por profesionais das asociacións de FEGADACE e baseados na nosa guía para familiares.

'Manual de hixiene oral para persoas con discapacidade' da Facultade de Odontoloxía

Editado pola Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais, 7º Premio FEGADACE-Miguel Blanco.

A Xornada sobre o DCA e entrega do Premio FEGADACE - Miguel Blanco en imaxes

Dedicada a 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética', tivo lugar o 29 de setembro.

Entidades da discapacidade reciben unha axuda para facer fronte ao novo convenio

Achega extraoridinaria da Xunta ás asociacións afectadas pola renovación do documento laboral.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Ciclo de charlas sobre o dano cerebral

En 'Axenda' pódense consultar as charlas programadas. Polo momento está previsto informar sobre o DCA en Cabana de Bergantiños e na Pobra do Brollón.

Información para familias

Colección de manuais para coidadores/as e para as propias persoas con DCA, nos que se ensina a tratar coa nova situación desde diferentes puntos de vista.

Cartel do ciclo de charlas sobre o DCA no rural Fragmento da portada da guía sobre o DCA de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org