Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº125]

Logo FEGDACE

Luns, 15/02/2021

Un estudo da FEDACE constata a falta de continuidade asistencial no dano cerebral

A atención hospitalaria funciona razoablemente ben -especialmente no que se refire ao ictus-, pero falla a continuidade asistencial a medida que avanzan as fases do dano cerebral. Estas son as principais conclusións do estudo 'Modelos de atención al daño cerebral en España', da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE), elaborado por persoal investigador do INICO (Instituto Universitario de Integración en la Comunidad, da Universidade de Salamanca).

A portada do informe sobre modelos de atención ao dano cerebral

Máis noticias:

A unidade de ictus do Álvaro Cunqueiro, recoñecida entre as mellores de Europa

O hospital, que atendeu a 766 pacientes o ano pasado, obtivo a certificación da European Stroke Organisation.

Que factores sociais se asocian á calidade de vida tras un dano cerebral?

Investigadoras do INICO e da Universidade de Oviedo estudaron as variables que inciden nun maior benestar.

Novo Caderno FEDACE: 'Atención psicosocial a menores con dano cerebral'

Detalla o itinerario de atención sociosanitaria desde as diferentes perspectivas profesionais.

Só a metade de pacientes crónicos puido seguir o seu tratamento a finais de 2020

Datos do estudo do impacto da COVID-19 realizado pola Plataforma de Organizacións de Pacientes.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Punto e seguido online

As restricións sanitarias manteñen os museos e salas de exposicións pechadas, pero a mostra 'Punto e seguido' pode seguir véndose na galería online.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Unha das fotografías da mostra Punto e seguido

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org