Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº126]

Logo FEGDACE

Luns, 01/03/2021

Dez programas para a inclusión e calidade de vida grazas á X Solidaria

FEGADACE e as súas cinco asociacións desenvolven ao longo de 2021 dez programas destinados, desde diferentes abordaxes, á inclusión e calidade de vida das persoas e familias con dano cerebral grazas aos fondos resultantes da recadación efectuada a través do IRPF das persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda. Estes programas van desde o desenvolvemento persoal, benestar físico e relacións interpersoais ata a accesibilidade, a mellora dos equipamentos dos centros de atención, e mesmo a prevención e a sensibilización sobre o dano cerebral. O financiamento obtívose a través da convocatoria da Consellería de Política Social.

Dúas persoas no centro de día de ADACE Lugo

Máis noticias:

FEGADACE denuncia desigualdades na vacinación dos centros de dano cerebral

A meirande parte das traballadoras e traballadores de Ourense e Santiago aínda non foron citadas.

Preguntas frecuentes sobre a vacinación da COVID-19 en lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia adapta os principais contidos do plan de inmunización da Xunta de Galicia.

A Xunta aprobou o concerto social para a creación de prazas públicas de atención

Artellarase unha bolsa de entidades de iniciativa social dos campos da discapacidade, menores ou inclusión.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Encontro sobre mulleres coidadoras

O CERMI Galicia organiza o debate para conmemorar o Día da Muller. Será online, desde as 10:30 do xoves 4 de marzo.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Cartel do encontro sobre mulleres coidadoras do CERMI Galicia

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org