Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº128]

Logo FEGDACE

Luns, 29/03/2021

Almorzo informativo de presentación dos resultados do estudo 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras'

FEGADACE desenvolveu en 2020 un estudo titulado 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. As conclusións do estudo remataron de procesarse a primeiros deste ano e van ser presentadas publicamente, a través dun almorzo informativo online, o venres 9 de abril. O acto durará unhas tres horas, desde as 10:30, e a inscrición está aberta e é gratuíta. Consulta aquí o programa, máis información sobre as relatoras, e o formulario de inscrición.

Cartel da presentación do estudo sobre coidados e dano cerebral

Máis noticias:

FEGADACE busca consultora para Capacitación en Competencias Dixitais

Publicados os termos de referencia da oferta de contratación do servizo, aberta ata o 11 de abril.

Continuamos reclamando a vacinación das persoas con dano cerebral e coidadoras

Completada a inmunización do persoal dos centros de día e das residencias.

A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido
Artigo da directora de FEGADACE, Begoña Hermida, na revista especializada El Dentista Moderno.
Apoiamos a candidatura do fundador de DisCamino ao Premio Princesa de Asturias
Unha iniciativa de Javier Pitillas para axudar ás persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago.
O Comité Asesor Sociosanitario completará para xuño un diagnóstico das residencias

A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, participa no grupo en representación do CERMI Galicia.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición e charla en Vilalba

A colección de fotografías 'Punto e seguido' pode verse desde hoxe en Vilalba. Tamén continúa online. Ademais, mañá haberá unha charla sobre o dano cerebral.

COVID-19

Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

Mostra sobre o dano cerebral

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org