Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Aviso Legal e Política de Privacidade

FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle:

  • A súa denominación social é FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL 
  • O seu NIF é G70191051
  • O seudomicilio sitúase en Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • O seu teléfono de contacto é 881 943 148
  • Está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2007/000184-2 (SC)
  • E dispón do seguinte enderezo de correo electrónico de contacto fegadace@fegadace.org

INFORMACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais vinculados a esta web respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e demais lexislación e normativa vixente en materia de protección de datos.

Quen é o Responsable do tratamento?

FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL
CIF: G70191051
Enderezo: Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: fegadace@fegadace.org

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

De acordo coas distintas seccións da nosa web, tratamos os seus datos coas seguintes finalidades:

  1. Coa finalidade de xestionar o envío da información solicitada a través do apartado de contacto.
  2. Coa finalidade do poder enviarlle as nosas newsletters.
  3. Coa finalidade de informar e sensibilizar sobre o dano cerebral e promocionar a actividade de FEDERACIÓN GALEGA DE DANO CEREBRAL.
  4. Coa finalidade de xestionar as doazóns que vostede realice a través da páxina web.
  5. Coa finalidade de xestionar a canle de denuncias, queixas, suxestións ou parabéns.
  6. Coa finalidade de xestionar os currículos recibidos.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os seus datos serán conservados durante os prazos establecidos para cada unha das finalidades e que se atopan dispoñibles na sección correspondente ao clausulado, na nosa web.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos será a relación xurídica entre as partes e/ou o seu consentimento.

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

No caso de outorgar o seu consentimento, publicaranse os testemuños e os seus datos persoais, incluída a imaxe, na web da entidade, e en redes sociais.

No caso de enviar o seu currículo, estes datos poderán ser cedidos ás distintas asociacións integrantes da Federación.

Realizaranse transferencias de datos a terceiros países?

Non se van a producir Transferencias Internacionais de datos.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?

  • Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
  • Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
  • Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
  • Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
  • Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.
  • Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Terá a posibilidade de retirar o consentimento?

Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Onde poderá exercitar os seus dereitos?

O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito achegando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila ao enderezo anteriormente citado. Así mesmo, poñemos á súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións ou obtelos no seguinte enderezo pinchando aquí.

Para máis información: www.agpd.es

Como pode realizar unha reclamación perante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/.

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.