Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Fragmento dun dos paneis da mostra CapacitArte

O dano cerebral adquirido protagoniza na Xunta de Galicia a exposición CapacitArte

Ciclo sobre discapacidade organizado polo CERMI Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social.

15/10/2018 - 07/11/2018 | Santiago de Compostela

Desde a tarde de hoxe e ata o mércores 7 de novembro, o persoal da Xunta e todas as persoas que queiran achegarse á sede central da administración poderán recibir información sobre o DCA grazas á mostra CapacitArte, que organiza o CERMI Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social.

Este ciclo de exposicións inaugurábase en 2017, con motivo do Día da Discapacidade, cunha colección de paneis que amosaban o traballo das nove entidades que compoñen o CERMI Galicia. A continuación fóronse sucedendo as mostras dedicadas a cada unha das discapacidades representadas no organismo, ata chegar a quenda do dano cerebral.

A colección de 19 paneis atópase na zona pirámide do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela. Catro dos paneis explican o que é o dano cerebral, o labor que desenvolve FEGADACE e as súas asociacións, e como se pode previr esta discapacidade. Os outros 15 amosan o DCA en imaxes, a través dunha colección de fotografías tomadas nas cinco entidades de FEGADACE.

Está previsto que o CERMI Galicia organice un acto de inauguración en colaboración coa Consellería; a súa data comunicarase en canto estea fixada.

Lugar de celebración:

Edificio administrativo de San Caetano (zona pirámide), Xunta de Galicia.

Horario de apertura:
09:00 a 19:00

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Outras entidades
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)