Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 19/10/2018 | Panel de FEGADACE na exposición CapacitArte

Actividades polo Día do Dano Cerebral: exposición de FEGADACE na Xunta de Galicia

Inauguración da mostra sobre o DCA dentro do ciclo CapacitArte, do CERMI e Política Social.

23/10/2018 - 23/10/2018 | Compostela

O novo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, e o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, van ser os encargados de inaugurar a exposición de FEGADACE dentro do ciclo CapactitArte, que organiza o CERMI Galicia.

O acto, aberto á cidadanía, vai ter lugar o martes, 23 de outubro, ás 12:00, diante da mostra, localizada no edificio administrativo de San Caetano (zona pirámide), da Xunta de Galicia.

A exposición O Dano Cerebral Adquirido pode visitarse desde o pasado 15 de outubro e permanecerá aberta ata o 7 de novembro.

Lugar de celebración:

Edificio administrativo de San Caetano (zona pirámide), Xunta de Galicia.

Hora: 12:00

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Día Nacional do Dano Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)