© FEGADACE | 10/06/2019 | Convite á presentación de 'Punto e seguido' en Vigo
Alento e FEGADACE presentamos este xoves a exposición 'Punto e Seguido' en Vigo
O día 13 de xuño a partir das 12:00 na galería Apo'strophe.arte, no centro comercial Plaza Elíptica.
Este xoves Alento e FEGADACE presentamos a mostra 'Punto e Seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' en Vigo. A colección de fotografías xa se pode visitar desde o día 3 de xuño e estará en Apo'strophe.arte ata o 3 de xullo.
Vaise proxectar o vídeo que complementa o proxecto 'Punto e seguido' e haberá diferentes intervencións que achegarán un maior contexto sobre o que implica, hoxe en día, ter dano cerebral adquirido. Especialmente importante é a descrición en primeira persoa que vai achegar María Jesús Lage, usuaria de Alento. Tamén vai intervir o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.
Lugar de celebración:
Galería Apo'strophe.arte (Centro Comercial Plaza Elíptica)
12:00