Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE / FEGADACE | 16/10/2019 | Fragmento do cartel do Día do Dano Cerebral 2019

FEGADACE conmemora con actividades culturais e informativas o Día do DCA

A exposición 'Punto e seguido' e unha mostra de libros sobre o dano cerebral estarán na biblioteca Ánxel Casal.

22/10/2019 - 08/11/2019 | Santiago | Coruña | Vigo | Lugo

O 26 de outubro conmemórase o Día Nacional do Dano Cerebral, unha data que as asociacións aproveitamos para chamar a atención sobre a problemática do noso colectivo, e para transmitir as nosas demandas á sociedade a través do Manifesto do movemento asociativo.

FEGADACE organiza, ademais, unha ducia de actividades para sensibilizar sobre o dano cerebral a través da cultura, con películas, lecturas, e información sobre a nosa discapacidade. Esta é a relación completa de actividades:

Exposición Punto e Seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido (Santiago)

Colección de imaxes tomadas nas cinco asociacións de FEGADACE polo fotógrafo Aigi Boga que compoñe un completo retrato sobre as consecuencias do dano cerebral.
Lugar: Recibidor da biblioteca Ánxel Casal (Santiago)
Data: 22/10/2019 a 08/11/2019
Hora: 08:30 a 21:00 (luns a venres) e 10:00 a 14:00 (sábados)

Mostra de libros sobre o dano cerebral adquirido (Santiago)

Recompilación de títulos nos que se trata o dano cerebral; as súas causas, como o ictus; as situacións de dependencia que se xeran, e moito máis.
Lugar: Recibidor da biblioteca Ánxel Casal (Santiago)
Data: 22/10/2019 a 08/11/2019
Hora: 08:30 a 21:00 (luns a venres) e 10:00 a 14:00 (sábados)

Obradoiro sobre o dano cerebral adquirido (Santiago)

Obradoiro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns baseado na guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital e impartido por unha profesional de Sarela.
Lugar: Aula 2. Hospital Clínico (Santiago)
Data: 22/10/2019
Hora: 16:30 a 19:30

Proxección da película ‘O meu fermoso cerebro roto’ (A Coruña)

Ciclo ‘Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema’. Título orixinal My beautiful broken brain (Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014). 86 m. VOSE.
Lugar: Auditorio Afundación (A Coruña)
Data: 22/10/2019
Hora: 19:00

Club de lectura de Sarela (Santiago)

O grupo ActivaMente estará na biblioteca participando nunha sesión de lectura da novela Iridium.
Lugar: Biblioteca Ánxel Casal (Santiago)
Data: 23/10/2019
Hora: 10:30

Proxección da película ‘Máis alá do espello’ (Santiago)

Ciclo ‘Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema’. Título orixinal Más allá del espejo (Joaquim Jordà, 2006). 123 m. VO.
Lugar: Auditorio Afundación (Santiago)
Data: 23/10/2019
Hora: 19:00

Obradoiro sobre o dano cerebral adquirido (Lugo)

Obradoiro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns baseado na guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital e impartido por dúas profesionais de ADACE Lugo.
Lugar: Aula 304 do Hospital Lucus Augusti (Lugo)
Data: 24/10/2019
Hora: 16:30 a 19:30

Proxección da película ‘Máis alá do espello’ (A Coruña)

Ciclo ‘Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema’. Título orixinal Más allá del espejo (Joaquim Jordà, 2006). 123 m. VO.
Lugar: Auditorio Afundación (A Coruña)
Data: 28/10/2019
Hora: 19:00

Obradoiro sobre o dano cerebral adquirido (Vigo)

Obradoiro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns baseado na guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital e impartido por dúas profesionais de Alento.
Lugar: Aula 8 do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Data: 29/10/2019
Hora: 16:30 a 19:30

Presentación de Iridium (Santiago)

Con Francisco Castro, autor da novela (protagonizada por unha moza con dano cerebral), e Papu Quiroga, neuropsicóloga de Alento, a asociación de Vigo.
Lugar: Salón de actos da biblioteca Ánxel Casal (Santiago)
Data: 30/10/2019
Hora: 19:30

Proxección de ‘Anxos sen paraíso’ (Santiago)

Ciclo ‘Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema’. Título orixinal A child is waiting (John Cassavetes, 1963). 102 m. VOSE.
Lugar: Auditorio Afundación (Santiago)
Data: 31/10/2019
Hora: 19:00

Club de lectura de Sarela (Santiago)

Un grupo de persoas usuarias do centro de día de Sarela estará na biblioteca participando nunha sesión de lectura da novela Iridium.
Lugar: Biblioteca Ánxel Casal (Santiago)
Data: 08/11/2019
Hora: pendente de determinar

Lugar de celebración:

Santiago | A Coruña | Vigo | Lugo

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Día Nacional do Dano Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)