Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 14/05/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Cedeira

Charla sobre o dano cerebral no concello de Cedeira o mércores 26 de maio

A traballadora social de FEGADACE informará sobre prevención e modelo de atención a esta discapacidade.

26/05/2021 - 26/05/2021 | Cedeira

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Cedeira pola man da colaboración entre o concello coruñés e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.
 
A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo ao concello de Coristanco: a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO.
 
A charla vai ter lugar o mércores 26 de maio ás 18:00 no Auditorio Municipal de Cedeira.
 
A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello de Cedeira a través dos seus servizos sociais e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
 
Lugar de celebración:

Auditorio Municipal
18:00

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)