Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/06/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Pontedeume

Charla sobre o dano cerebral adquirido en Pontedeume o 22 de xuño

Causas, como o ictus, prevención e modelo de atención centran os contidos da actividade informativa.

22/06/2021 - 22/06/2021 | Pontedeume

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido que FEGADACE desenvolve no marco do programa 'Promove, Entende, Actúa' chega a Pontedeume o 22 de xuño. A traballadora social da Federación vai falar sobre prevención, causas, consecuencias e secuelas, e modelo de atención e rehabilitación nunha actividade informativa aberta a toda a poboación do concello. O aforo é limitado para o mantemento das medidas de prevención de contaxios por coronavirus.
Lugar de celebración:

Salón de actos da Casa da Cultura
Pontedeume
 
Hora:
17:00
 

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)