Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 13/09/2021 | Charla en Boimorto

Charla en Boimorto o mércores 22 de setembro: 'Pódese previr o dano cerebral?'

FEGADACE organiza o ciclo 'Camiñando polo dano cerebral' no marco do programa O teu Xacobeo.

22/09/2021 - 22/09/2021 | Boimorto

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, estará o 22 de setembro en Boimoirto para impartir unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido. Vai ter lugar ás 11:30 na Casa da Cultura.

Dirixida especialmente a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

Esta charla inclúese dentro de 'Camiñando polo dano cerebral', un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello de Boimoirto.
Lugar de celebración:

Casa da Cultura
(Praza Campo da Feira, s/n)
11:30 hh.

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)