© FEGADACE | 17/03/2023 | Curso sobre atención no fogar en Cee
Segundo curso sobre atención de persoas con dano cerebral no fogar en Cee
O éxito da primeira edición levou a organizar unha nova os días 10 e 17 de abril; a inscrición está aberta.
Os días 6 e 9 deste mes organizamos en Cee un curso sobre ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’ ao que asistiron 24 persoas. O éxito da convocatoria, na que se xerou unha lista de agarda, levou a organizar unha segunda edición que vai ter lugar os luns 10 e 17 de abril.
Os traballadores e traballadoras responsables da atención e coidado no fogar de persoas con dano cerebral adquirido e as familias e persoas coidadoras informais son o público principal ao que se dirixe esta acción formativa organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), aínda que tamén se pode matricular calquera outra persoa interesada.
O curso ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’ vai estar impartido por profesionais da Federación co obxectivo de mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con esta discapacidade a través da capacitación das persoas que se fan cargo do seu coidado na casa.
A actividade vai ter lugar Casa da Cultura de Cee (Aula de Teoría, 3º andar), é gratuíto e para inscribirse cómpre chamar ao teléfono 689 083 144, cubrir este formulario de solicitude de praza ou contactar co departamento de Orientación Laboral do Concello de Cee. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
Está distribuído en dúas sesións: o luns 10 de abril de 16:30 a 20:30 e o luns 17 do mesmo mes, tamén de 16:30 a 20:30.
A formación sobre ‘Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’ combina teoría e práctica para tratar os seguintes asuntos de importancia: ‘Detección do dano cerebral’; ‘Pautas para avaliar a evolución da persoa con dano cerebral’; ‘Comunicación coa persoa con dano cerebral e habilidades comunicativas’; ‘Alteracións cognitivas e condutuais’; ‘Transferencias e cambios posturais’; ‘Alimentación, deglutición e medicación’; ‘Tratamento da intimidade e da privacidade’; ‘Hixiene, curas e prevención de úlceras’; e ‘Acompañamento no tempo libre e actividades de lecer’.
Esta actividade enmárcase na ‘Escola Dano Cerebral’ que FEGADACE impulsa, tanto online como presencialmente, para mellorar a especialización e capacitación dos coidadores e coidadoras e tamén dos equipos profesionais responsables da atención a persoas con dano cerebral e incrementar, dese xeito, a calidade dos coidados que reciben, redundando no fin último da Federación: mellorar a calidade de vida do colectivo. A formación tamén redunda positivamente nas mesmas persoas coidadoras, que aprenderán técnicas que limitarán o seu desgaste, tanto físico como emocional, derivado do labor de atención a unha persoa con dano cerebral.
A organización da actividade conta coa colaboración do Concello de Cee, da Fundación La Caixa, da Consellería de Política Social (dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda) e do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado aos fondos NextGenerationEU da Unión Europea (Proxecto Rumbo).