© FEGADACE | 17/03/2023 | Javier Zugasti durante a formación
Consulta a sesión formativa sobre o novo baremo de discapacidade no dano cerebral
FEGADACE organizou unha sesión con Javier Zugasti Moriones, director do Centro de Valoración navarro.
O director do Centro de Valoración da Discapacidade da Axencia Navarra para a Autonomía e o Desenvolvemento das Persoas, Javier Zugasti Moriones, foi o encargado de impartir a sesión formativa organizada por FEGADACE o 15 de marzo de 2023 sobre 'O novo baremo de discapacidade no dano cerebral adquirido'.
A Federación tentou con esta iniciativa tratar de resolver as dúbidas que os equipos profesionais e familias de persoas con dano cerebral están a ter trala aprobación do Real Decreto 888/2022, de 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
Na seguinte ligazón pódese descargar o vídeo completo da súa formación: Formación 'O novo baremo de discapacidade no dano cerebral adquirido' con Javier Zugasti Moriones