Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Servizos das Asociacións

Servizo de atención diúrna

O servizo de atención diúrna proporciona atención integral e especializada ás persoas con dano cerebral adquirido en fase crónica

Servizo de atención ambulatoria

O servizo de atención ambulatoria céntrase na rehabilitación funcional multidisciplinar e na autonomía persoal nas fases subaguda e crónica

Servizo de atención diúrna ocupacional

Servizo dirixido a promover a participación social activa das persoas con DCA a través da inserción sociolaboral, a autonomía persoal e as habilidades sociais

Residencia

A residencia é un recurso de atención a tempo completo dirixido a persoas en fase crónica, que inclúe aloxamento e tratamentos especializados

Información, orientación e asesoramento

Atención individualizada a familias, terapia de grupo, charlas de sensibilización, campañas de prevención, puntos de información...

Asesoría legal

Asesoramento legal para a resolución de cuestións como a modificación de capacidades, a dependencia e outros asuntos relacionados co DCA

Transporte adaptado

Servizo de transporte adaptado a nivel físico e con acompañamento para as persoas con dano cerebral adquirido

Outros

Outros servizos destinados á defensa de dereitos e mellora da calidade de vida das persoas con DCA e as súas familias