Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

Ana Belén Castro Pazos

"Todos"

22/04/2019

"


A xente de hoxe en día só sabe apiadarse das persoas que están “mal”. E por qué? Eu creo (non me malinterpretedes nin vos ofendades) por pura educación e falta de coñecemento sobre o que lle está a pasar ás persoas que están “mal”. Ai carallo! Olvidei presentarme, perdoade. Chámome Aurora. Teño dezasete anos e teño DCA (Dano Cerebral Adquirido, para os menos entendidos) e o teño desde os quince, debido a unha caída desde o balcón da miña casa. Estaba no balcón limpando, aproximeime demasiado a barandilla, perdí o equilibrio e caín accidentalmente desde o séptimo piso e ocasionoume un traumatismo cranioencefálico. E cada vez que saio á rúa, sempre míranme con lástima e con compasión. Eu non quero iso. Quero ser unha persoa normal, terminar a miña carreira de Medicina e axudar a persoas coma min a mellorar a súas vidas, seguir asistindo a concertos de jazz, leer moitos libros, pasar tempo cos meus amigos do bachillerato, independizarme… entre outras cousas. Pero me temo que, como toda a xente siga sen recoñecernos coma persoas que somos, a situación vai seguir igual. Eles avanzarán, e nós nos quedaremos atrás, aunque non queramos. Por iso, eu penso que… Xa podemos deixar de separar (por dicilo dalgunha maneira) ás persoas que están “mal”, non creedes? Pero para iso, tedes que cambiar. TEMOS que cambiar. Para que as persoas coma eu poidan vivir mellor. Para que persoas coma ti podan vernos da mesma forma da que vos vedes a vós mesmos cada mañá. Por iso, amigos e amigas, considero que temos que cambiar. Todos.


"

Arquivado en:
Colaboradores/as