Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

Mª Oliva Filgueira Peña

"DCA: A discapacidade desde outro punto de vista"

22/04/2019

"


Levo moitos anos traballando coa discapacidade. Chicos e chicas que pola súas características especiais necesitan máis ou menos  apoios  pero en todos os  casos persoas que son moi capaces. Viven unha realidade que está presente desde prácticamente o inicio da súas vidas. Coñecémolos, tanto eu coma as outras profesionais que desenvolvemos o traballo na Asociación, e en base a iso, e á valoración que cada profesional realiza plantexamos unha intervención adaptada ás súas necesidades.

Hai uns meses entrou no Centro un chico  con dano cerebral a raíz dunha enfermidade. Para nos como equipo o traballo con él é un reto, é distinto. Non quero dicir con isto que sexa máis ou menos importante que os demais usuarios pero sí o vemos  desde outra óptica. Ó tratarse dunha discapacidade adquirida e non conxénita, implica que antes desta experiencia vital viveu outra moi distinta. A nosa intervención polo tanto ten un valor engadido  porque céntrase  en recuperar a mobilidade que quedou afectada pero sobre todo implica un traballo a  nivel psicóloxico moi importante, que é  facelo  sentirse ben consigo mesmo logo de que a súa vida dera un xiro de 360 graos: abandono da súa vida laboral,  imposibilidade de  vivir de forma independente, necesidade de apoios externos para vivir o día a día  e moitas máis cousas que calquer persoa desde fóra non aprecia pero unha persoa que está nesa situación vive.

Voltar á vida anterior ó dano cerebral é posible pero necesitanse   apoios para que sexa  máis doado; fagámolo posible entre todos, e ahí estamos as asociacións que traballamos para que isto sexa unha realidade.

Grazas FEGADACE por ser un referente no camiño a seguir.


"

Arquivado en:
Traballadores/as