Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

Cinco persoas usuarias (ADACECO)

"O día a día"

29/03/2019

"


Ola, somos cinco compañeiros que acudimos a ADACECO. Hoxe cando chegamos ao centro, levamos unha grata sorpresa: a nosa logopeda non viñera (Beeenn!). Así que decidimos ir tomar algo. Acabamos nunha terraza, aproveitando o bo tempo.



Entón ocorréullenos unha idea: aproveitar este encontro para coñecernos mellor



- Eu non sei que dicir, contesta Luisa.

- Non sexas tímida, respóndolle.

- Veña, que ti sabes, anímaa Pedro.

- Anímome eu fácil, di Beltrán e despois xa te animas ti, Luisa.



E Beltrán empézanos a contar a súa historia.



- En xuño de 2014, con 38 anos, no culmen da miña carreira profesional, sufrín a enfermidade de Susac, que me alterou a parte frontal do cerebro. Afectoume ás constantes vitais, mobilidade e todo. Tiven que volver aprender a camiñar, a falar e a escribir. Moitísimo esforzo, estoume incorporando ao que eu denomino "vida normal".



Mentres Beltrán falaba, todos permaneciamos en silencio, case non nos atreviamos nin a tomar un grolo das nosas cervexas (sen alcohol, non vos preocupedes).



- Veña, Luisa, xa te animas? Pregúntolle.



- Agora vou eu, di Pedro. Cando eu estaba en Vigo, aquí, iamos facerme unha pff... Non me sae...



- Operación? Decido axudarlle porque sé o que lle custa expresarse.



- Si, contesta Pedro. Ben, pois eu díxenlle ao pintor... pintor non, médico, mañá xa podes ir de aquí (máis ou menos) e non fun porque "pfff", quedei mal, moi mal, que nada, nada de nada, de falar nin nada, do outro nin nada (e colle a súa man dereita para movela).



Entón saca a súa carteira e ensínanos unha tarxeta que pon un 80% de discapacidade. Pedro decide seguir falando.



- Agora moi ben, agora pouquiño a pouco, ben, máis gordo, conduzo e... joder, xa está.



Luisa mira o reloxo e di:



-Joder!! Que tarde é! Imos, a miña historia queda para outro día (hahahahaha).


"

Arquivado en:
Usuarios/as