Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

María Varela Pico

"Avó coli"

02/04/2019

"


Non podes elixir se o día está nubrado

ou asollado,

pero podes elixir entre sufrilo ou gozalo.

Así que nunca deixes de facelo sorrir,

nunca sabes quen pode namorar do teu sorriso e o seu,

aínda que ás veces che custe,

quérete a ti mesma como o queres a el,

quererate soñando cos ollos abertos, coa ollada perdida,

non sabes se está pasando frío,

ti con corazón formando unha coraza de medo, (recordo cando deixaches de andar)

sen o seu fin sorrisos na súa vida que agora non están,

que se foron evaporando.

El é, agora como un neno, maior,

está absorbendo,

literalmente como fas,

aínda que din que non me escoitas,

non me entendes...

Trato de telo en conta,

pois es ti, agora o seu Espello,

o seu modelo, a súa guía,

que nunha etapa da túa vida foi o exemplo a seguir.

Intento que el reproduza,

aquilo que absorbe da súa contorna máis inmediata,

sobre todo dos seus afectos.

É unha responsabilidade estar con el,

ninguén dubida disto, a estas alturas,

Filtrar as miñas emocións,

elixir os tons de voz,

respirar antes de poñerse ao seu lado,

para mirarlle aos seus ollos distraídos.

pero sobre todo, nesta interacción,

ten que haber un GOCE MUTUO interese diario.

Así verdadeiramente,

cada día descubro que é un novo día,

un día de LOITA vivindo para el,

un día de esperanza,

un día de ensinarlle,

un día a día que eu tamén aprendo xunto a el,

COMO TE QUERO AVÓ COLI.


"

Arquivado en:
Colaboradores/as