Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

Javier Quinte Pérez

"Destino incerto"

15/04/2019

"


Finais de novembro de 2015, un rapaz con cara de neno comezaba un traballo mais, na súa vida, enfrontábase ao comezo dunha nova etapa, emocións, medo, incerteza, mixturado cunha chea de ganas de comezar, era o inicio de algo novo, convertía ese instante en singular, era o primeiro contacto con persoas afectadas por dano cerebral, na mente todo tipo de prexuízos, etiquetas, información obtida no Google e un pensamento intenso: mellorar a calidade de vida de esa xente; por diante agardaban por coñecer os compañeiros de viaxe, no horizonte os nomes de esforzo, honestidade, dignidade, gratitude, inciativa e, por que non dicilo, tamén paciencia; o destino era incerto, estaba por vivir, as letras dese traxecto foron xurdindo, a travesía comezaba a narración remata e coma todos os relatos o máis abraiante estaba por ocorrer, pero esa historia deixámola para escribir outras liñas nunha vindeira ocasión.


"

Arquivado en:
Colaboradores/as